Aparato de medida que permite ver sinais eléctricos nunha pantalla e medir a variación de voltaxe no tempo o que o converte nunha ferramenta básica na enxeñería electrónica.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
monitor de forma de onda
Exemplo:
Actualmente existen osciloscopios baseados en PC que son unha tarxeta de ordenador e permiten ver os sinais cun programa adecuado.
Información complementaria:
Os modelos modernos dixitalizan o sinal de entrada e poden procesalo de diferentes xeitos, por exemplo axudando ao operador a calcular parámetros do sinal como: máximos, mínimos, período, frecuencia...