Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

modulación de amplitude en cuadratura

Modulación dixital na que os bits se agrupan en unidades maiores, símbolos, que son representados por medio de puntos nun plano (2D) formando un gráfico chamado constelación que, neste caso, coloca os puntos nunha grella cadrada.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
QAM
Información complementaria: 
Hai diferentes tipos de QAM segundo o número de puntos: - 16 QAM: 16 símbolos (1 símbolo: 4 bits). - 64 QAM: 64 símbolos (1 símbolo: 6 bits). - 128 QAM: 128 símbolos (1 símbolo: 7 bits). Nas modulacións baseadas en constelacións hai unha regra básica: maior número de puntos significa maior velocidade de transmisión pero tamén maior febleza fronte ao ruído. Polo tanto téndense a utilizar constelacións co maior número de puntos posible dado o ruído presente na canle.
Ver tamén: 
constelación; modulación; modulación por desprazamento de fase; modulación por desprazamento de fase binaria; modulación por desprazamento de fase en cuadratura
Traducions
Tradución portugués: 
modulação de amplitude em quadratura; QAM
Tradución castelán: 
modulación de amplitud en cuadratura; QAM
Tradución francés: 
modulation d'amplitude en quadrature; QAM
Tradución italiano: 
modulazione di ampiezza in quadratura; QAM
Tradución inglés: 
quadrature amplitude modulation; QAM
Tradución alemán: 
Quadraturamplitudenmodulation; QAM