Nunha liña ou medio de transmisión, división matemática entre o valor da amplitude dunha onda estacionaria nun antinodo (máximo) e o da amplitude nun nodo adxacente (mínimo) (relación entre os máximos e mínimos da onda estacionaria).
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
Non
Abreviatura:
ROE
Exemplo:
A ROE da antena é 1,8.
A medición da relación de ondas estacionarias desta antena é de 1,8.
Información complementaria:
Pode definirse en termos de voltaxe como o cociente (1+ ρ)/(1- ρ), sendo ρ o coeficiente de reflexión. Para o caso de transferencia de potencia máxima, presenta valor nulo debido á adaptación de impedancia perfecta ou ρ nulo. Pode definirse tamén con base nos parámetros S s11 ou parámetro de reflexión do porto 1.
Ver tamén:
adaptación de impedancias; coeficiente de reflexión; onda estacionaria; potencia radiada; relación de voltaxes dunha onda estacionaria