Sinal cun espectro de frecuencias tal que a súa densidade espectral de potencia é proporcional ao recíproco da súa frecuencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Exemplo:
NAInformación complementaria:
O seu contido de enerxía por frecuencia diminúe en 3 dB por oitava. Isto fai que cada banda de frecuencias de igual anchura (en oitavas) conteña a mesma enerxía total. Se o eixe das frecuencias segue unha escala logarítmica (graduada en oitavas), o perfil de espectro é horizontal; e o eixe de frecuencias segue unha escala lineal, o perfil de espectro é unha líña recta descendente, cunha pendente de 3 dB por oitava. Úsase como sinal de proba en medicións acústicas. O espectro do ruído rosa é semellante ó espectro medio acumulado da música sinfónica ou de instrumentos harmónicos como o piano ou o órgano. O nome "ruído rosa" obedece a unha analoxía coa luz branca que, despois de ser coloreada de forma que se atenúen as frecuencias máis altas (os azuis e violetas), predominan as frecuencias baixas (os vermellos). Así pois, o ruído rosa é ruído branco coloreado, de xeito que é máis pobre en frecuencias altas (sons agudos).