Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Televisión dixital terrestre

Servizo de televisión enviado por antenas situadas en posicións elevadas para ser recibido nos fogares que dispoñan dunha antena adecuada.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
DVB-T
Exemplo: 
A TDT estase a despregar en España agora, o que implica colocar os emisores adecuados en toda a rede nacional de emisores de TV.
Información complementaria: 
A TDT é realmente parte dun estándar máis amplo chamado DVB (Digital Video Broadcasting) que establece como deben ser os servizos de televisión dixital. A dixitalización do servizo de televisión permite unha maior calidade de sinal e un maior número de canles no mesmo espectro de frecuencias. A versión terrestre é a máis popular, outras versións importantes son as de cable e por satélite. Os servizos de radiodifusión sobre terra baséanse en emisores situados en posicións elevadas que difunden o sinal a "celas" ou zonas de influencia. Os usuarios reciben o sinal con antenas individuais que no caso da televisión son antenas directivas con instalación fixa nos tellados. A TDT permite recibir os servizos dixitais coa mesma antena (tal vez non coa mesma instalación colectiva) e ten importantes vantaxes: o número de canles pode chegar a multiplicarse por 20 (con implantación total), a calidade dos mesmos é superior e, ademais, no futuro poderá accederse a servizos de datos co receptor de televisión.
Ver tamén: 
difusión de vídeo dixital; Motion Pictures Experts Group; multiplexación por división de frecuencias ortogonais codificadas
Traducions
Tradución portugués: 
Televisão Digital Terrestre; TDT
Tradución castelán: 
TDT; DVB-T; Televisión digital terrestre
Tradución francés: 
télévision numérique terrestre
Tradución italiano: 
televisione digitale terrestre; TDT
Tradución inglés: 
DVB-T; Digital Video Broadcasting Terrestrial; Digital terrestrial television