Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

telemetría

Tecnoloxía para a medición remota de magnitudes físicas e o posterior envío da información cara ao operador do sistema que se realiza sobre todo mediante comunicación sen fíos, aínda que tamén se pode realizar por outros medios (teléfono, redes de ordenadores, enlace de fibra óptica, etcétera).

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Utilízase en grandes sistemas, tales como as naves espaciais ou as plantas químicas, debido a que facilita a monitoraxe automática e o rexistro das medicións, así como o envío de alertas co fin de que o funcionamento sexa seguro e eficiente. É utilizada en infinidade de campos, tales como a exploración científica con naves tripuladas ou non (submarinos, avións de recoñecemento e satélites), diversos tipos de competición (Fórmula 1 e MotoGP) ou a operación de modelos matemáticos destinados a dar sustento á operación de encoros.
Traducions
Tradución portugués: 
telemetria
Tradución castelán: 
telemetría
Tradución francés: 
télémesure
Tradución italiano: 
telemetria
Tradución inglés: 
telemetry
Tradución alemán: 
Telemetrie