Operación que converte un sinal ou función matemática noutro.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Exemplo:
Hai varios tipos de transformadas como as de Fourier e todas as súas variantes: transformada de Fourier continua, transformada de Fourier discreta e FFT...Información complementaria:
Normalmente fálase de que os sinais son funcións que dependen dalgunha variable (o tempo nos sinais eléctricos), as transformadas converten esa función noutra que depende doutra variable (por exemplo, a frecuencia). A ese cambio de variable independente chámaselle cambio de dominio.
As transformadas teñen unha importancia enorme no estudo dos sistemas de telecomunicación e procesamento de sinal debido a que moitas das operación realizadas son máis doadas de entender se se aplican no dominio transformado. Outra razón da súa importancia é a existencia de sistemas que utilizan expresamente as transformadas como, por exemplo, a codificación de imaxes JPEG.
Ver tamén:
espectro; transformada coseno; transformada de Fourier; transformada de Hilbert; transformada de Laplace; transformada fractal; transformada Haar; transformada Hadamard; transformada KLT; transformada Slant; transformada Walsh; transformada wavelet; transformada Z