Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

transformada de Fourier

Fórmula matemática que permite pasar dun sinal eléctrico, discreto ou dixital no dominio do tempo ao dominio da frecuencia descompoñéndose nunha suma de sinusoides de diferentes frecuencias o que nos permite analizar como se vai comportar ao pasar por diferentes canles.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura: 
TF
Exemplo: 
A transformada de Fourier debe o seu nome a Joseph Fourier polifacético militar francés que tamén foi político e físico.
Información complementaria: 
A transformada de Fourier é a máis importante de todas as transformadas empregadas en enxeñaría de telecomunicacións. A descomposición en frecuencias permítenos deseñar sistemas que admiten unha frecuencia e rexeitan outras e modular sinais de xeito que o resultado estea na banda de frecuencias axeitada. Segundo o tipo de sinais a tratar atopamos diferentes formulacións da transformada, aínda que a idea subxacente sempre é a mesma: - Transformada continua ou analóxica (transformada de Fourier propiamente dita). - Transformada continua de sinais discretos (DTFT: Discrete Time Fourier Transform). - Transformada discreta, que é a dixitalización da anterior (DFT: Discrete Fourier Transform). - Transformada rápida que é unha forma moi eficiente de calcular a DFT (recibe o acrónimo de FFT: Fast Fourier Transform).
Ver tamén: 
transformada; espectro; transformada de Fourier discreta
Traducions
Tradución portugués: 
transformada de Fourier
Tradución castelán: 
transformada de Fourier
Tradución francés: 
transformée de Fourier
Tradución italiano: 
trasformata di Fourier
Tradución inglés: 
Fourier transform
Tradución alemán: 
Fourier-Transformation