Esquema multitarefa no que as propias aplicacións se encargan de ceder o tempo do procesador ás outras.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Este esquema utilizouse nas primeiras versións de Windows (antes do Windows 95) e Mac OS (antes de Mac OS X). O problema fundamental deste tipo de sistemas multitarefa atópase en que unha aplicación mal deseñada pode quedar con todo o tempo de proceso bloqueando as restantes.
Ver tamén:
multitarefa; sistema apropiativo