En sistemas operativos, situación na que un ou máis procesos non poden continuar a súa execución por quedar bloqueados.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
O interbloqueo prodúcese con procesos en recursos non apropiables, no instante no que un proceso agarda pola liberación dun recurso que retén outro proceso, que á súa vez está agardando por algún recurso en mans do primeiro proceso.
Ver tamén:
apropiación; multitarefa; proceso; sistema operativo