En equipos electrónicos ou software, devolución do sistema ao seu estado ou condicións iniciais para cuxo proceso existe habitualmente un mecanismo, pulsador ou rutina que lle permite ao usuario iniciar este procedemento, principalmente en situacións de mantemento ou mal funcionamento.
Categoría Gramatical:
verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán
Sinónimos:
posta a cero; repoñer
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
N/AInformación complementaria:
É frecuente o uso de "resetear", adaptación do inglés reset, 'repor, reiniciar'.
Polo xeral, todos os equipos electrónicos traen un interruptor ou un sinal de posta a cero ou posta en condicións iniciais, que permite cargar o dispositivo cos valores predeterminados de fábrica (que se supoñen correctos).
No caso das aplicacións informáticas, é dicir, do software, para poder reinicialas bastará con apagalas por completo no sistema operativo e volver inicialas de novo para que arrinquen cos valores por defecto da aplicación.
Ver tamén:
condicións iniciais; reset