Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

partición

División lóxica do disco duro en varias partes que serán tratadas polo sistema operativo como discos duros independentes, podéndolle definir distintos tipos de formato a cada un deles.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Un disco duro consta, polo menos, dunha partición onde se poden gardar os datos. Se se desexa ter separados distintos tipos de datos contidos nel por motivos de seguridade ou por clasificación da información, adóitanse facer unha serie de divisións lóxicas no disco duro de xeito que cada unha delas sexa un compartimento estanco con respecto ás demais. Ademais, se queremos formatar o sistema operativo, bastará con formatar a partición que o contén sen necesidade de darlles formato ás particións de datos que poidan existir no disco duro. Cabe distinguir entre os conceptos carpeta e partición porque son conceptos distintos: unha carpeta ten un tamaño variable que dependerá do volume de datos que contén, mentres que unha partición ten sempre un tamaño fixo e delimitado polo usuario unha vez que a crea. Unha vez realizada, o seguinte paso é darlle formato que pode ser FAT32, NTFS, Linux EXT3, etc. Existen distintos tipos de particións: lóxicas, activas, estendidas, primarias, etc.
Ver tamén: 
disco duro; partición estendida; partición lóxica; partición primaria
Traducions
Tradución portugués: 
partição
Tradución castelán: 
partición de disco
Tradución francés: 
Partition de disque dur
Tradución italiano: 
partizione
Tradución inglés: 
Disk partitioning