Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Bootstrap Protocol (03)

'Protocolo de arranque', protocolo de rede UDP utilizado polos clientes de rede para obter un enderezo IP automaticamente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
BOOTP
Abreviatura: 
BootP; BOOTP
Exemplo: 
As limitacións impostas por BootP foron resoltas por DHCP.
Información complementaria: 
Este protocolo permítelles aos ordenadores sen disco duro obter un enderezo IP antes de cargar un sistema operativo avanzado. Historicamente foi utilizado polas estacións de traballo sen disco baseadas en UNIX (as cales tamén obtiñan a localización da imaxe de arranque mediante este protocolo) e tamén por empresas para introducir unha instalación preconfigurada de Windows en PC acabados de mercar (tipicamente nun contorno de rede Windows NT). Actualmente este protocolo está integrado nas BIOS dos equipos para permitir o arranque directo desde a rede.
Ver tamén: 
protocolo de configuración de equipo dinámico; User Datagram Protocol
Traducions
Tradución portugués: 
Bootstrap Protocol; BOOTP
Tradución castelán: 
Bootstrap Protocol; BOOTP
Tradución francés: 
Bootstrap Protocol; BOOTP
Tradución italiano: 
Boostrap Protocol; BOOTP
Tradución inglés: 
Bootstrap Protocol; BOOTP
Tradución alemán: 
Bootstrap Protocol; BOOTP; Bootstrap-Protokoll;