Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

optimización para buscadores

Técnicas de desenvolvemento web que teñen como obxectivo mellorar a posición dun determinado sitio web na lista de resultados dos motores dos buscadores.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
optimización para motores de busca; posicionamento en buscadores; técnicas SEO
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Xoán empregou a optimización para os buscadores coa idea de busca para que a súa páxina se posicionase mellor en Google.
Información complementaria: 
As técnicas SEO úsanse normalmente en sitios web que ofrecen produtos ou servizos con moita competencia, buscando mellorar o posicionamento fronte a estes. Para conseguir o posicionamento hai que seguir tres fases: sendo conscientes de que non todas as tecnoloxías de creación web son igual de efectivas de cara ao posicionamento en buscadores, débese elixir aquela que máis interese, chegando a un compromiso entre a aparencia e funcionalidade da web por un lado e as vantaxes de cada unha no eido do posicionamento; unha vez elixida a tecnoloxía, desenvólvese a web optimizando o seu código interno para aproveitar aquelas técnicas que favorezan o obxectivo; e, unha vez rematada a web, farase o traballo de promoción para conseguir que outras webs insiran enlaces na acabada de crear e faranse tamén pequenos cambios no contido da web para continuar o traballo de posicionamento.
Ver tamén: 
Social Media Marketing; Social Media Optimization
Traducions
Tradución portugués: 
otimização para motores de busca; otimização de sites; Search Engine Optimization; SEO
Tradución castelán: 
optimización para motores de búsqueda; Search Engine Optimization; SEO
Tradución francés: 
optimisation pour les moteurs de recherche; Search Engine Optimization; SEO
Tradución italiano: 
ottimizzazione; Search Engine Optimization; SEO
Tradución inglés: 
Search engine optimization; SEO
Tradución alemán: 
Suchmaschinenoptimierung; Search Engine Optimization; SEO