'Sistema de datos por radio', sistema polo que se lles engaden algúns datos dixitais aos sinais de radio FM (son analóxico).
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
RDS
Información complementaria:
Os datos engadidos dan información horaria e identifican a emisora (dan o seu nome). Un receptor preparado para ler os datos RDS mostrará nunha pantalla o nome da emisora e, en caso de perder o sinal, buscará outro con ese nome. Iso permite saltar dunha zona de cobertura a outra en receptores móbiles (por exemplo dentro dun coche). Cando un se move, sae da influencia da primeira antena e entra noutra cela na que a emisora cambia de frecuencia, o receptor RDS ao perder o sinal da emisora desexada vaino buscar noutras frecuencias ata lograr atopalo de novo, se existe. Os receptores non preparados para RDS ignoran estes datos.
Ver tamén:
modulación de frecuencia