Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ciber-

Prefixo formado a partir de cibernética, a ciencia que estuda a estrutura dos sistemas regulados, normalmente indicativo de que algo está relacionado con Internet.

Categoría Gramatical: 
prefixo (aero-) LEVA GUIÓN
Exemplo: 
Por "ciberplaxio académico" enténdese o uso das TIC (principalmente Internet e os recursos asociados a esta) para o plaxio (total ou parcial) de traballos académicos por parte do alumnado ou o profesorado (http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=121).
Información complementaria: 
Utilízase amplamente para denominar conceptos relacionados coas redes e coa cultura de Internet (ciberactivismo, ciberataque, cibercafé, ciberespazo, ciberguerra, cibernauta, etc.)
Ver tamén: 
Internet; cibernética
Traducions
Tradución castelán: 
ciber-
Tradución inglés: 
cyber-