Multiplexación que se emprega en sistemas de transmisión analóxicos consistente en transmitir a información de cada sinal mediante frecuencias distintas e de forma simultánea pola mesma canle, o que permite enviar ao mesmo tempo varias fontes de información de banda estreita por unha canle de banda ancha.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
multiplexación por división de frecuencia
Información complementaria:
Utilízase en aplicacións tales como FM comercial, emisións de televisión e sistemas de telecomunicacións de alto volume.
Ver tamén:
multiplexación por división de frecuencias ortogonais