Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

vixilancia tecnolóxica

Captación sistemática e análise da información cientifico-tecnolóxica que serve de apoio nos procesos de toma de decisións.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
A través dos estudos de vixilancia tecnolóxica detéctanse fontes de información esenciais para facer fronte ás decisións tecnolóxicas. Extráese información relevante sobre tendencias tecnolóxicas, novidades, invencións, potenciais socios ou competidores, aplicacións tecnolóxicas emerxentes, á vez que se contemplan aspectos regulatorios e de mercado que poden condicionar o éxito dunha innovación tecnolóxica. Toda esta información codificada e analizada brinda ao que ten que tomar a decisión, xa sexa unha empresa ou institución científica, a posibilidade de trazar plans e formular estratexias tecnolóxicas, minimizando a incerteza.