Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

proba de Turing

Procedemento para corroborar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Foi exposto por Alan Turing en 1950 nun artigo "Computing machinery and intelligence" para a revista Mind e segue sendo un dos mellores métodos para os defensores da Intelixencia Artificial. Fundaméntase na hipótese positivista de que, se unha máquina se comporta en todos os aspectos como intelixente, entón debe ser intelixente. A proba consiste nun desafío. Sitúase un xuíz nun cuarto e unha máquina e un ser humano noutro. O xuíz debe descubrir cal é o ser humano e cal é a máquina facéndolles preguntas aos dous permitíndolles mentir ao contestar por escrito. A tese de Turing é que se ambos os dous xogadores eran suficientemente hábiles, o xuíz non podería distinguir quen era o ser humano e quen a máquina. O límite temporal que Turing puxo para que unha máquina consiga superar o test foi enganando durante bastante tempo a un bo interrogador e non deixándolle aclarar se se está dirixindo a un ser humano ou a unha máquina. Aínda ningunha máquina puido pasar este exame nunha experiencia con método científico.
Traducions
Tradución portugués: 
teste de Turing
Tradución castelán: 
prueba de Turing
Tradución francés: 
test de Turing
Tradución italiano: 
test di Turing
Tradución inglés: 
Turing test
Tradución alemán: 
Turing-Test