Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

diagrama de ollo

Imaxe característica en forma de ollo que aparece na pantalla dun osciloscopio cando se visualizan varios períodos de símbolos superpostos dun sinal dixital PAM (Pulse Amplitude Modulation).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Para conseguir o diagrama de ollo debemos conectar o osciloscopio ao sinal PAM recibido e seleccionar como base de tempos o dobre do período de símbolo. Neste diagrama pódense ver algúns dos parámetros máis importantes para determinar a calidade do sinal. Por exemplo, canto máis aberto estea o ollo, mellor funcionará a transmisión (menor probabilidade de erro de transmisión). No eixo Y pódese obter a distorsión producida por ISI (interferencia entre símbolos) así como a marxe de ruído tolerado. No eixo X pódese calcular o jitter (variación no sincronismo) así como a marxe de sincronismo.
Traducions
Tradución castelán: 
diagrama de ojo
Tradución francés: 
diagramme de l'oeil
Tradución inglés: 
eye diagram
Tradución alemán: 
Augendiagramm