Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

vóxel

Elemento de volume que representa os seus valores para unha posición nun espazo 3D.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Utilízase este nome por analoxía cos píxeles e, ao igual que estes, ten propiedades de cor, posición, etc. Procede da contracción do inglés "volumetric pixel". Os vóxeles utilízanse moito en aplicacións de visualización de datos científicos 3D, de imaxes médicas ou en xogos. Por exemplo, nos xogos prefírese a utilización de vóxeles en vez dos mapas de elevación de terreo, xa que estes últimos non permiten a representación de buratos no terreo, coma pontes, túneles ou covas. Nos outros dous casos úsanse porque os datos cos que se traballa se obteñen normalmente por medio de escáneres 3D que proporcionan valores de características para cada posición espacial.
Ver tamén: 
píxel
Traducions
Tradución portugués: 
voxel
Tradución castelán: 
vóxel; voxel
Tradución francés: 
voxel; boxel
Tradución italiano: 
voxel
Tradución inglés: 
voxel
Tradución alemán: 
Voxel