Realización de actividades de activismo utilizando medios e tecnoloxías de comunicación como correo electrónico, páxinas web, podcast ou redes sociais.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
ciberactivismo
Exemplo:
A orixinalidade sempre está presente a través de Internet e nas diferentes campañas de activismo dixital.Información complementaria:
Estas tecnoloxías permiten acadar maior velocidade e maior difusión das actividades. Entre as actividades desenvolvidas destacan: recadación de fondos (Obama alcanzou un gran financiamento a través do plurienvío e das redes sociais), presión (campañas organizadas de envío de correos de protesta), organización (unha web para organizar unha entidade) ou voluntarismo (chegar á xente a través de medios electrónicos).