Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conectador PS/2

Conectador empregado para conectar teclados e ratos coa unidade central de procesamento de datos, adoptado como estándar de facto ata a chegada das conexións USB.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
NA
Información complementaria: 
Toma o seu nome da serie de ordenadores IBM Persoal System/2, creada por IBM en 1987. Este tipo de conectores foron rapidamente adoptados polo mercado do PC, pasando a converterse no estándar durante moitos anos para teclados e ratos. A comunicación por este tipo de portos é serial, unidireccional no caso do rato e bidireccional no caso do teclado, e contrólase mediante o chipset da propia placa. Non foron deseñados para ser intercambiados en quente; de feito, se se conecta un deles co equipo acendido, o sistema non recoñecerá o dispositivo e será necesario reinicialo para o seu correcto funcionamento.
Ver tamén: 
conector DIN5; Universal Serial Bus
Traducions
Tradución castelán: 
puerto PS/2; conector PS/2
Tradución francés: 
port PS/2; port Mini-din
Tradución inglés: 
PS/2-Schittsttelle; PS/2-Anschluss; PS/2-Port; Auxiliary Port