'Cola de comandos nativa', tecnoloxía de placas base e de sistemas informáticos que aumenta o rendemento nas unidades de discos duros do tipo SATA.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
NCQ
Información complementaria:
O NCQ permítelle ao disco duro optimizar a orde en que son executadas as solicitudes de escritura/lectura, reducindo a cantidade de movementos innecesarios dos cabezais da unidade de disco duro. Unha boa orde na secuencia de solicitudes que van ser procesadas tradúcese nun incremento do rendemento xeral da unidade do disco duro.
Ver tamén:
disco duro; Serial Advanced Technology Attachment; sistema operativo