Acumulación de carga eléctrica nun obxecto sen que se desprace a outro punto do espazo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A acumulación de electricidade estática pode dar lugar a unha descarga eléctrica cando un obxecto se pon en contacto con outro a distinto potencial. As descargas de electricidade estática son especialmente perigosas cando se están manipulando compoñentes electrónicos, porque as chispas que poden saltar poden chegar a queimar algunhas das pistas dos circuítos impresos. É por isto polo que, cando se traballa con este tipo de elementos se fai necesaria, en moitas ocasións, a utilización dunha pulseira antiestática.
Ver tamén:
circuíto impreso; electricidade