Interruptor eléctrico que se insire nalgúns dispositivos electrónicos, como as placas base, e que permite a configuración manual dalgunha opción de dispositivo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
No caso dos ordenadores, a tecnoloxía de interruptor DIP foi a primeira que permitía a configuración das opcións da BIOS, mediante unha serie de interruptores soldados á placa base. Utilizábanse moito nas antigas tarxetas ISA para PC para seleccionar as IRQ e as direccións de memoria. Son unha alternativa aos jumpers, pero coa vantaxe de que permiten conmutar máis rápido, e non se corre o risco de perder o jumper (que é extraíble), aínda que estes se fixeron moito máis populares polo seu baixo custo. DIP do inglés "Dual In-line Package" paquete en liña dual.
Ver tamén:
jumper; jumperless; Sistema básico de entrada e saída