Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

HD ready

Dispositivo capaz de procesar e reproducir vídeo en alta definición, segundo as especificacións da European Information, Communications and Consumer Electronics Technology Industry Associations.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
A EICTA introduciu estas etiquetas como un signo de calidade, que permite diferenciar aqueles dispositivos capaces de procesar e mostrar imaxes de alta definición con polo menos 720 liñas de imaxe verticais (HD ready) ou ben 1080 liñas (HD ready 1080p). Os dispositivos con etiquetas só con HD ready poderían non mostrar a resolución plena dunha imaxe obtida dunha fonte en alta definición 1080p. Moitos destes produtos non teñen suficientes píxeles para representar, sen interpolación, imaxes na resolución máis alta do rango actual de alta definición (1920x1080), ou, ata en casos máis raros, na resolución máis baixa (1280x720). Esta limitación non afecta aos produtos certificados HD ready 1080. O termo HD compatible utilízase para indicar que un dispositivo ten entrada de alta definición HDMI pero cunha resolución máis baixa cá etiqueta HD ready. Xa que logo, un produto HD compatible non é HD ready, presenta unha calidade inferior, aínda que sexa capaz de reproducir sinais en alta definición.
Ver tamén: 
alta definición; full HD; HD compatible; televisión de alta definición
Traducions
Tradución portugués: 
HD ready
Tradución castelán: 
HD ready
Tradución francés: 
HD ready
Tradución italiano: 
HD ready
Tradución inglés: 
HD ready
Tradución alemán: 
HD ready