Interface que permite variar a frecuencia de reloxo da unidade central de proceso en intervalos de 1 MHz.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SFS
Información complementaria:
O cambio da frecuencia permite o axuste da frecuencia en pasos predeterminados, neste caso da CPU, aínda que tamén pode axustar velocidades de PCI e de memoria RAM. Algunhas placas ofrecen o control da velocidade, pero non é conveniente forzalas. As frecuencias dos procesadores distintas ás recomendadas poden danalas ou xerar inestabilidade no sistema. Cando se fai sobrefrecuenciación é posible que o sistema non arrinque como é necesario. Esta opción de monitorización permite repoñer os valores previos na BIOS ou corrixir os existentes para que o sistema poida volver arrincar de novo.
Ver tamén:
sobrefrecuenciación