Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conexión en quente

Proceso de unión ou separación dun periférico a un circuíto mentres este ten a corrente circulando, que segundo sexa o conectador en cuestión pode funcionar correctamente ou obrigar a apagar o circuíto e reinicialo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
hot swap, servidor
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
Informática
Información complementaria: 
A capacidade de que un periférico funcione nunha conexión en quente non é ofrecida polo dispositivo en si, senón pola interface de conexión. Algunhas das interfaces que permiten a conexión en quente son as conexións USB, Firewire, SATA e a conexión serie SCSI (SAS). Non todos os portos da computadora permiten conexión en quente, por exemplo, as tarxetas PCMCIA poden sufrir danos eléctricos e electrónicos ao seren retiradas ou inseridas coa computadora acendida. Ademais deste tipo de dispositivos internos, polo xeral os dispositivos que se poden conectar en quente ("hot-plug") son principalmente periféricos externos, como ratos e teclados, memorias, discos duros portátiles e impresoras. Cómpre diferenciar entre "Hot-Plug" e "Hot-Swap". O termo Hot Swap utilízase máis para dispositivos internos que deben ser repostos rapidamente. Aínda que polo xeral ambos termos adoitan mesturarse, non teñen por que significar o mesmo. A tecnoloxía Hot-Swap é amplamente usada en discos duros para servidores, nos que, mediante discos SATA, se pode cambiar un disco duro danado sen ter que apagar o servidor. Algúns dispositivos que poden usar Hot Swap son as memorias RAM, os discos duros internos (tan só SATA), as fontes de alimentación e algunhas tarxetas internas.
Ver tamén: 
contorno de desenvolvemento integrado, interface SATA, tarxetas
Traducions
Tradución castelán: 
conexión en caliente
Tradución inglés: 
hot-plug