Conxunto de instrucións multimedia que se constrúen en microprocesadores que lles permiten manexar as operacións comúns de multimedia, como procesadores de sinais dixitais.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Tecnoloxía deseñada por Intel para acelerar as comunicacións e as aplicacións multimedia. Foi adoptado como nome de marca dun dos procesadores Intel, o Pentium MMX, en 1997. Presentouse como acrónimo de MultiMedia eXtension ou Multiple Math ou Matrix Math eXtension, pero oficialmente só é un xogo de consoantes sen significado, usado coa única intención de poder pór cortapisas legais de marca rexistrada aos desenvolvementos de terceiros que trataran de usalo.
Ver tamén:
Intel; multimedia; procesador de sinais dixitais