Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Random Access Memory/Error Correcting Code

'Memoria de acceso aleatorio/código corrector de erros', memoria RAM capaz de detectar erros de bits múltiples e de corrixir erros de bits únicos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
RAM ECC
Información complementaria: 
A vantaxe de ECC é a súa capacidade de detectar e corrixir erros, deste xeito os sistemas informáticos vólvense máis fiables e robustos. A diferenza dos sistemas que só controlan a paridade dos datos, o sistema ECC tamén pode detectar erros de 2, 3 e 4 bits (sumamente raros), aínda que neste caso non pode corrixilos senón que devolve un erro de paridade. Estas memorias utilízanse en PC de gama alta, como servidores de Rede. O sistema traballa en conxunción co controlador de memoria e anéxalles aos bits de datos os bits ECC que son almacenados xunto cos de datos. Estes bits extra, xunto coa decodificación correspondente, serven para realizar a comprobación no momento da lectura.
Ver tamén: 
control de erros; memoria de acceso aleatorio