Método que consiste en deixar que o propio cable seleccione o tipo de prioridade segundo a posición do disco no bus de datos IDE.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
cable select; cabo select; selección por cabo
Información complementaria:
De colocar o disco duro co jumper na posición selección por cable, o disco asumirá as funcións de mestre ou de escravo dependendo de onde se conecte dentro do bus de datos. De colocarse no conectador do extremo tomará o rol de mestre, mentres que de conectarse no do medio tomará o rol de escravo. Na maior parte dos casos, poñer o jumper en selección por cable adoita ser a opción máis cómoda.
Nos ordenadores pódese ter varios discos duros instalados. No caso dos discos duros de interface IDE débese ter, por cada unha das badías IDE, un dispositivo mestre e un dispositivo escravo. A selección do rol de cada un dos discos duros pódese facer mediante dous métodos: ou mediante a configuración correcta dos jumpers de cada un dos discos duros, ou ben o método máis sinxelo que consiste en determinar quen é o mestre e quen o escravo en función da súa posición no cable.
Ver tamén:
bus; contorno de desenvolvemento integrado; disco duro; jumper; mestre/escravo