'Sistema de aplicación/400', equipo de IBM cun sistema operativo 0S/400 orientado aos obxetos, onde destaca o seu espazo de direccionamento único: todos os discos duros instalados vense loxicamente coma unha única unidade raíz, esta arquitectura estratificada supón que todas as capas se comunican co chamado microcódigo vertical, pero se falla unha capa non interfire no resto.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
AS/400
Exemplo:
Estamos a avaliar a conveniencia de instalar un sistema AS/400 na nosa empresa.Información complementaria:
Aparece por primeira vez en 1988. Nos sistemas tradicionais cada capa comunícase coa superior e coa inferior, de xeito que se falla unha delas, falla todo o sistema, o AS/400 pola súa arquitectura non ten este problema. AS/400 sae no 1988, será denominado eServer iSeries en 2000 e logo System i5 en 2004.