Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Aviso Legal

En cumprimento do establecido no art. 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), infórmase que este Web site é titularidade do COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (COETG), con domicilio social na rúa Federico Tapia nº 17-bis (local 4) 15005 de A Coruña, teléfono 981919300, fax 981919301, enderezo electrónico administracion@coetg.es e C.I.F. Q2866009J e da ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (AETG), con domicilio social na rúa Policarpo Sanz nº 11 – 1º 36202 de Vigo (Pontevedra), teléfono 986465234, fax 886125996, enderezo electrónico aetg@aetg.org e C.I.F. G36771392.

O acceso á páxina web implica a aceptación das condicións contidas no presente aviso, polo que no caso de non estar conforme con algunha das devanditas condicións, deberase cesar na utilización da presente páxina web.

Condicións de utilización da páxina web: Acceso á páxina web

Certas partes da páxina web atópanse restrinxidas para o seu uso exclusivo aos colaboradores e mantedores mediante a utilización dun nome de usuario e contrasinal. Aqueles usuarios da páxina web que non sexan colaboradores ou mantedores poden acceder ás seccións públicas da mesma, debendo absterse de intentar acceder ás seccións reservadas aos colaboradores ou mantedores.

Funcionamento e Contido

O COETG e a AETG resérvanse o dereito de realizar en todo momento e sen necesidade de aviso previo aos usuarios da web, as actualizacións e modificacións que consideren oportunas tanto na información contida como na estrutura da páxina, así como a facultade de cambiar as condicións de acceso ao portal.

Igualmente o COETG e a AETG non se fan responsables dos posibles fallos de comunicación, non podendo garantir por iso o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso á páxina web. Nestes casos, o COETG e a AETG realizarán o máis axiña posible todas aquelas actuacións tendentes á subsanar os mencionados erros.

O COETG e a AETG informan aos usuarios que co fin de poder visualizar certos contidos da páxina pode ser necesario dispoñer de software específico para visualización de certos documentos (por exemplo: documentos en pdf, documentos Word, documentos Excel e documentos Power Point). Existen programas gratuítos para tal fin.

Propiedade Intelectual

O COETG e a AETG son os propietarios intelectuais dos materiais procesados, dos recursos desenvoltos e dos contidos difundidos a través da rede no proxecto do Diccionario Galego das TIC.

Todo o contido da presente páxina, incluíndo as súas imaxes, gráficos, texto, e todo tipo de datos, son propiedade do COETG e a AETG, así como o código fonte, o deseño e a estrutura da páxina. O COETG e a AETG teñen en exclusiva o exercicio dos dereitos de reprodución, distribución, modificación e comunicación dos mesmos, así como todos os dereitos de explotación en calquera das súas formas.

Todo o contido da páxina atópase protexido pola normativa en materia de propiedade intelectual e industrial, e a posible consulta ou descarga de material da páxina non conleva en ningún caso a cesión de ningún tipo de dereito sobre a propiedade intelectual ou industrial do citado material ou contido.

Non se permitirá a visualización, descarga e impresión dos contidos da páxina web se se realiza con fins publicitarios ou comerciais, ou para a súa distribución, comunicación pública ou modificación e, en xeral, nos casos nos que devanditos actos sexan incompatibles cos fins desta páxina. No resto dos casos, debe procederse a citar a fonte.

En todo caso, os logos, gráficos, imaxes, iconas, etc. que formen parte da páxina web, non se poderán utilizar por separado do texto ao que acompañen ou do resto de imaxes ou gráficos do que formen parte.

Toda información que os usuarios da páxina web poidan facilitar como suxestións, propostas, etc., considéranse recibidas e cedidas a título gratuíto, polo que se prega que se absteñan de enviar toda aquela información que non teña o citado carácter.

Foro

Para calquera tipo de controversia existente polo acceso ou utilización do portal, os usuarios da páxina web e o COETG e a AETG, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ao foro dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.