Variedade do protocolo de rede Ethernet, con capacidade de transmisión a 10 Mbps, con conexión de cable trenzado sen apantallamento.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
10-BaseT
Información complementaria:
O seu nome proporciona os seguintes datos: 10 indica a velocidade en megabits por segundo; base é a abreviatura de 'banda base' e o T indica a utilización de cables de par trenzado. Cada cable de par trenzado consta de 4 parellas de cables. En cada parella van trenzados entre si un cable de cor e un cable branco marcado coa mesma cor. As cores que se usan habitualmente son laranxa, verde, azul e castaño.
Ver tamén:
cable de par trenzado; conectador RJ45; Ethernet; 100 Base T; 1000 Base T