Variedade do protocolo de rede Ethernet, con capacidade de transmisión a 100 Mbps, con conexión de cable trenzado con ou sen apantallamento.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
100-BaseT
Información complementaria:
O seu nome proporciona os seguintes datos: 100 indica a velocidade en megabits por segundo; base é a abreviatura de 'banda base' e o T indica a utilización de cables de par trenzado. Cada cable de par trenzado consta de 4 parellas de cables. En cada parella van trenzados entre si un cable de cor e un cable branco marcado coa mesma cor. As cores que se usan habitualmente son laranxa, verde, azul e castaño.
Ver tamén:
10 Base T; 1000 Base T; cable de par trenzado; conectador RJ45; Ethernet