Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

microsatélite

Satélite artificial do tipo miniaturizado de reducidas dimensións (60cm x 70cm x 85cm e 10-100 kg), propio de órbitas tecnolóxicas, cun tempo de vida útil de entre dous e cinco anos, e con órbitas que describen trazas de 700 Km en órbitas LEO.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Xurdiron como modelos experimentais pola Axencia Espacial Europea quen lanzou os microsatélites Proba (Project for On-Board Autonomy), o primeiro dos cales foi o Proba 1 lanzado no ano 2001. O seu lanzamento é posible desde un avión nodriza, e a súa posta en órbita complétase mediante completándose a posta en órbita polos fogetes. Incorporan instrumentación, cámaras de teledetección e outros sensores de observación remota e poden traballar en coordinación con outros satélites. Están dotados de módulos de comunicación de telemetría en bandas UHF, VHF, S e X.
Ver tamén: 
picosatélite; satélite artificial; satélite de baixa altura
Traducions
Tradución portugués: 
microsatélite
Tradución castelán: 
microsatélite
Tradución francés: 
micro satellite
Tradución inglés: 
microsatellite