Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Creative Commons

'Creación común', organización non gobernamental, sen ánimo de lucro, que pretende simplificar as trabas legais á hora de exercer os dereitos de autor.

Categoría Gramatical: 
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura: 
CC
Información complementaria: 
O seu fundador foi Lawrence Lessing o profesor de dereito da Universidade de Stanford. Creative Commons integra un grupo de licenzas que pretenden facilitar a xestión dos dereitos das obras dándolles un marco legal. O seu símbolo son dous C dentro dun círculo. Son a alternativa en aberto ao Copyright. Existen catro atributos que combinados dan lugar a seis tipos de licenzas Creative Commons (CC): (BY) Recoñecemento (Attribution): O material creado por un artista pode ser distribuído, copiado e exhibido por terceiras persoas de se mostraren os títulos de crédito. (NC) Non comercial (No commercial): O material orixinal e os traballos derivados poden ser distribuídos, copiados e exhibidos mentres que o seu uso non sexa comercial. (ND) Sen obra derivada (No Derivate Work): O material creado por un artista pode ser distribuído, copiado e exhibido pero non se pode utilizar para crear un traballo derivado do orixinal. (SA) Compartir igual (Share alike). O material creado por un artista pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licenza que o material orixinal. Licenzas: (BY) Recoñecemento; (BY)(ND) Recoñecemento - sen obra derivada; (BY)(ND)(NC) Recoñecemento -sen obra derivada- Non comercial; (BY)(NC) Recoñecemento- Non comercial; (BY)(NC)(SA) Recoñecemento- Non comercial - Compartir igual; (BY)(SA) Recoñecemento -Compartir igual
Ver tamén: 
copyright
Traducions
Tradución portugués: 
Creative Commons; CC
Tradución castelán: 
Creative Commons; CC
Tradución francés: 
Creative Commons; CC
Tradución italiano: 
Creative Commons; CC
Tradución inglés: 
Creative Commons; CC
Tradución alemán: 
Creative Commons; CC