Aplicación que permite montar un servidor local no propio ordenador utilizando Mac OS X como sistema operativo, Apache como servidor, MySQL como xestor de bases de datos e PHP; Perl ou Python como linguaxe de interacción entre o cliente e o servidor.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
Mac OS X, Apache, MySQL, Perl; Mac OS X, Apache, MySQL, Python
Abreviatura:
MAMP
Información complementaria:
Supón unha gran vantaxe para desenvolver aplicacións web e probar o funcionamento completo do sitio web, xa que se pode comprobar localmente cal será o funcionamento deste unha vez que se subiu ao servidor. As versións desta aplicación son LAMP para Linux e WAMP para Microsoft Windows.
Ver tamén:
Apache; Mac OS X; MySQL; PHP Hypertext Preprocessor; Perl; Python; sistema operativo; WAMP; Linux, Apache MySQL and Programming language