Nova linguaxe de etiquetada para formularios web, deseñada para ser a substituta dos formularios tradicionais HTML, e que vai permitir aos que desenvolven formularios web distinguir entre o propósito do formulario e a súa presentación.
Categoría Gramatical:
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Información complementaria:
Esta separación clara entre contido e presentación ofrece grandes vantaxes en termos de:
Reutilización: xa que os módulos XForms poden volver utilizarse independentemente dos datos que recollen.
Independencia do dispositivo: grazas a que os controis da interface de usuario son abstractos e só se indican as súas características xenéricas, o que permite a súa representación en diferentes dispositivos.
Accesibilidade: ao separar presentación e contido, a información está dispoñible de forma máis sinxela para os usuarios que precisen de axudas técnicas para a navegación na web.
Experiencia de usuario: ao comprobar automaticamente os valores dos datos mentres o usuario os introduce, poder cargar datos de ficheiros XML e poder envialos simultaneamente a distintos servidores, a experiencia de usar un programa en rede, pode ser próxima á de usar un programa de execución local no propio ordenador.
Ver tamén:
Asynchronous JavaScript And XML; PHP Hypertext-Preprocesor