Sistema de xestión de contidos para sitios web, que permite publicar artigos, imaxes, ou outros arquivos e servizos engadidos como foros, enquisas, votacións, bitácoras e administración de usuarios e permisos.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Drupal, coma calquera outro sistema de xestión de contidos, almacena o contido textual das páxinas e outras configuracións nunha base de datos MySQL. A edición destas páxinas e permisos faise utilizando un contorno web (tanto no front end coma no back end). Hai numerosos módulos, desenvolvidos por terceiros, para Drupal que se deben ir engadindo en función do que se pretenda que contemple a páxina deseñada.
Ver tamén:
front end/back end; Joomla; MySQL; sistema de xestión de contidos; Typo3