Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

autorrespondedor

Servizo que envía unha mensaxe predefinida por correo electrónico de xeito automático contestando os correos enviados a unha conta determinada.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
respondedor
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Activei un autorrespondedor para avisar da miña ausencia por vacacións ata o luns que vén.
Información complementaria: 
Empréganse principalmente para o envío de respostas automáticas ao cubrir e enviar un formulario web ou como resposta automática aos correos recibidos nunha determinada conta de correo (solicitude xenérica de información e mesmo mensaxes predefinidas avisando de ausencia por vacacións ou viaxe do propietario da conta de correo). A resposta adoita ser enviada de xeito inmediato ao recibir a mensaxe orixinal. Esta funcionalidade está proporcionada e soportada polo servidor de correo local ou o ISP. O autorrespondedor permite dar unha áxil resposta a demandas de información estandarizada e aumenta o grao e a calidade das relacións co cliente. É complementario con outros sistemas de control da retroalimentación.
Ver tamén: 
reflector de correo
Traducions
Tradución portugués: 
autorespondedor
Tradución castelán: 
autorespondedor; auto-respondedor; autorrespondedor
Tradución francés: 
programme à réponse préenregistré
Tradución italiano: 
autoresponder
Tradución inglés: 
autoresponder
Tradución alemán: 
Autoreply