Programa deseñado para protexer a pantalla dunha computadora dos danos producidos pola estimulación continuada e estática dos seus píxeles por un tempo prolongado, en función do tempo de inactividade que configure o usuario.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino que non admite plural
Sinónimos:
protector de pantalla
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Configurei o salvapantallas do meu portátil coas fotos da miña casa.Información complementaria:
Tamén se emprega como método de protección dos datos visualizados ante posibles curiosos durante unha ausencia do posto de traballo.