Presentación da pantalla dun ordenador cando non hai ningunha aplicación nin ficheiro aberto.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
contorno de escritorio
Exemplo:
Como non controla moito o ordenador ten todos os documentos directamente no escritorio.Información complementaria:
A idea de escritorio foi introducida por Apple xa nos primeiros ordenadores Mac, nos que a interacción co ordenador se facía fundamentalmente co rato e coa pantalla, e os ficheiros de documentos metíanse en carpetas no escritorio. Eran tempos nos que os ordenadores usados maioritariamente funcionaban co sistema DOS, nos que non existía o rato e a pantalla era simplemente textual.
Ver tamén:
monitor; ordenador; rato; teclado