Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

icona

En informática, pequena imaxe gráfica mostrada nunha pantalla que representa un obxecto manipulable polo usuario.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
A imaxe pretende asociar un comportamento do sistema dun modo intuitivo, por exemplo, unha papeleira representa un comando para borrar arquivos non desexados. As iconas permiten controlar funcións da computadora sen ter que recordar comandos nin escribilos no teclado. Son fundamentais nos sistemas operativos con interface gráfica do usuario.
Ver tamén: 
interface gráfica; sistema operativo; Windows
Traducions
Tradución portugués: 
ícone
Tradución castelán: 
icono
Tradución francés: 
icône
Tradución italiano: 
icona
Tradución inglés: 
icon
Tradución alemán: 
Ikon