Sistema para se mover entre as distintas partes dun documento ou elemento cando non cabe no espazo destinado á súa visualización.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Mediante a barra de desprazamento vertical podo acceder ao pé de páxina do documento.Información complementaria:
Se non colle todo o contido dentro do espazo reservado (caixa de texto, ventá activa, pantalla, etc.), poden aparecer dúas barras, unha horizontal e outra vertical, coas que se pode acceder ás partes que sobresaen dese espazo nas respectivas direccións.