Unidade psicoacústica definida pola norma ISO 226:2203, pero fóra do Sistema internacional, que mide o nivel de sonoridade, medida subxectiva, aplicado á escoita dun ton puro cun nivel de presión sonora, medida obxectiva, determinado.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Información complementaria:
O valor de cada curva definida deste xeito coincide a 1 kHz co nivel de presión sonora expresado en unidades logarítmicas (dBSPL). Existen unhas curvas que o relacionan co nivel de sonoridade dado en sons.
Ver tamén:
presión acústica; son; sonoridade