Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

arseniuro de galio

Composto de arsenio e galio (III) que presenta propiedades semicondutoras e que constitúe o substrato principal da tecnoloxía MMIC para a fabricación de circuítos integrados de microondas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
GaAs
Información complementaria: 
As características comparadas deste semicondutor fronte ás do de silicio son: maior mobilidade dos electróns (o que o fai un substrato óptimo para frecuencias de traballo de ata 250 GHz); menor xeración de ruído cando traballa a altas frecuencias; e menores niveis de potencia de funcionamento (que fai que os circuítos en GaAs sexan axeitados para usarse en dispositivos móbiles, como teléfonos celulares, PDAs, etc.). A súa maior velocidade de conmutación fixo pensar na década de 1980 que substituiría o silicio no campo da microelectrónica sendo ideal para as aplicacións de ordenador. Este proxecto foi liderado polos fabricantes de computadores Cray Computer Corporation, Convex e Alliant para facer fronte aos microprocesadores CMOS, pero fracasaron no seu intento en 1995.
Ver tamén: 
circuítos integrados monolíticos de microondas; silicio
Traducions
Tradución portugués: 
arsenieto de gálio
Tradución castelán: 
arseniuro de galio
Tradución francés: 
arséniure de gallium
Tradución italiano: 
arseniuro di gallio
Tradución inglés: 
gallium arsenide
Tradución alemán: 
Galliumarsenid