Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

circuíto virtual

Sistema de comunicación polo cal os datos dun usuario orixe poden ser transmitidos a outro usuario destino a través de máis dun circuíto de comunicacións real durante un certo período de tempo, pero no que a conmutación é transparente para o usuario.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
CV
Exemplo: 
Un exemplo de protocolo de circuíto virtual é o Transmission Control Protocol. É unha forma de comunicación mediante conmutación de paquetes na cal a información ou datos son empaquetados en bloques de tamaño variable que se denominan paquetes. O tamaño dos bloques estipúlao a rede. Os paquetes adoitan incluír cabeceiras con información de control. Estes transmítense á rede, a cal se encarga do seu encamiñamento cara ao destino final. Cando un paquete se encontra cun nodo intermedio, o nodo almacena temporalmente a información e encamiña os paquetes a outro nodo segundo as cabeceiras de control. É importante saber que neste caso os nodos non necesitan tomar decisións de encamiñamento, xa que a dirección que deben seguir vén especificada no propio paquete. Ao comenzo da sesión establécese unha ruta única entre as ETD (entidades terminais de datos) ou os equipos extremos. A partir de aquí, todos os paquetes enviados entre estas entidades seguirán a mesma ruta.
Información complementaria: 
As dúas formas de establecer a transmisión mediante circuítos virtuais son os circuítos virtuais conmutados e os circuítos virtuais permanentes.
Ver tamén: 
circuíto; circuíto virtual conmutado; circuíto virtual permanente; Transmission Control Protocol
Traducions
Tradución castelán: 
circuito virtual
Tradución francés: 
circuit virtuel
Tradución italiano: 
circuito virtuale
Tradución inglés: 
virtual circuit; VC
Tradución alemán: 
virtuelle Verbibdung