Onda mecánica ou electromagnética que se propaga sobre un medio non lineal.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
O nome débese a que a propagación realízaa unha soa onda e non un grupo delas. A característica pola cal son interesantes para as telecomunicacións débese a que se poden propagar mantendo a súa forma durante distancias moi longas (14000 km). En 1998, un grupo de investigación de France Telecom mediante a combinación destas ondas de luz conseguiu transmitir información grazas a multiplexación óptica a un terabit por segundo (1000000000000 unidades de información por segundo). Como exemplo de solitón mecánico temos o tsunami ou onda xigante que se propaga centos de quilómetros ata chegar á beira onde leva todo o que atopa ao seu paso.